A Real Federación Galega de Fútbol fixo público nas últimas horas o calendario de competición da fase autonómica da copa RFEF, onde un ano máis militará o Silva SD.
O conxunto de Noe López medirase ente o 11 e o 15 de agosto ao gañador do partido UD Barbadas – CD Arenteiro na Coruña, na eliminatoria de cuartos de final, dado que quedou exento de fase previa. No caso de superala, accederá a semifinais para enfrentarse a SD Sarriana, Ourense CF ou Racing Club Villalbés, sendo local ante Ourense CF e visitante ante os outros dous rivais. A final será o 24 de agosto.
A fase autonómica da copa RFEF permite unha convocatoria máxima de 22 xogadores, con 11 trocos divididos en tres ventás, sen contar o descanso. En caso de empate, o clasificado decídese nunha tanda de penatlis.
Calendario de competición
Fase previa (4-10 agosto)
A1: Arosa SD – Alondras CF
A2: Gran Peña FC – Coruxo FC
A3: SD Sarriana – Ourense CF
A4: UD Barbadás – CD Arenteiro
Cuartos de final (11-15 agosto)
B1: Noia CF – CD Boiro
B2: A1 – A2
B3: A3 – Racing Club Villalbes
B4: Silva SD – A4
Semifinal (16-20 agosto)
C1: B1 – B2
C2: B3 – B4
Final (24 de agosto)
D1: C1 – C2