Crecemos contigo: Abónate á #FamiliaSilvista para seguir medrando xunt@s

O clube aposta un ano máis pola contención e non aumenta o custe do carnet de abonado

A #FamiliaSilvista lanza de cara ao curso 2025/26 a súa nova campaña de captación de abonados, a forza imprescindible para que o corazón siga latexando e así poder continuar construíndo: crecemos contigo.

Así, o club fai un chamamento a toda a súa masa social para que retire o seu abono de tempada, con prezos axustados e novas vantaxes. Aos accesos aos partidos do #Silva2526, #CoruñaArboco, #SilvaFem, #SilvaArboco, #CanteiraSilvista e #SilvaEscola, engádense os descontos nos establecementos asociados.

Catro modalidades, mesmos prezos do ano pasado

Así, a campaña estipula un total de catro modalidades de abono que non sufren modificación de prezos. O tradicional abono #AbonoSilvista ten un custo de 50€, o da #FamiliaSilvista 85€, o de #ProtectorSilvista 250€ e a modalidade #TodaUnaVidaSilvista busca premiar a todos os abonados e abonadas cunha antigüidade suficiente no club, que gozaron do camiño desde a actual 3ª Futgal ata a 3ª RFEF, un ascenso que consolidou unha nova alternativa deportiva e social na cidade onde ninguén é forasteiro.

Carné dixital ou físico, todo son vantaxes

O Silva SD completou na tempada 2021/22 o proceso de dixitalización do club da man de Cluber, o seu provedor de servizos tecnolóxicos de xestión deportiva. Así, todas as altas e renovacións poden facerse en liña as 24 horas do día e os 365 días do ano a través da ligazón http://bit.ly/familiasilvista. Introducindo o número de teléfono móbil, temos dúas opcións:

A) Xa estou abonado e quero renovar. Ao introducir o teléfono, aparecerache o apartado «Iniciar sesión». Tras premer, deberás volver introducir o teu teléfono e o teu contrasinal persoal, que, se non lembras, podes restablecer no apartado «Recuperar contrasinal». Isto levarate ao panel de datos persoais para corrixilos no caso de que existan cambios e/ou erros.

Unha vez elixida a cota e aceptada a política de privacidade, poderás realizar o pago do carné mediante tarxeta de crédito ou débito e domiciliación bancaria.

Unha vez feito o pago, terás á túa disposición na túa zona privada de Cluber (á que podes acceder desde a APP dispoñible en APP Store ou Google Play, ou no teu navegador habitual na dirección http://app.cluber.es) o teu carné dixital na sección «O meu carné», e poderás solicitar a emisión do carné físico nas oficinas administrativas.

B) Quero darme de alta. Ao introducir o teléfono, enviarate ao panel de datos persoais para completalos. Son os básicos para poder xestionar a túa solicitude. Non é necesario cubrir o apartado de Cobrador.

Unha vez elixida a cota e aceptada a política de privacidade, poderás realizar o pago do carné mediante tarxeta de crédito ou débito e domiciliación bancaria.

Unha vez feito o pago, terás á túa disposición na túa zona privada de Cluber (á que podes acceder desde a APP dispoñible en APP Store ou Google Play, ou no teu navegador habitual na dirección http://app.cluber.es) o teu carné dixital na sección «O meu carné», e poderás solicitar a emisión do carné físico nas oficinas administrativas.

Os cobradores, a partir de agosto

Os diferentes cobradores físicos da #FamiliaSilvista disporán dos seus carnés para entregar aos seus abonados a partir do mes de agosto.