A Real Federación Galega de Fútbol sorteará este martes ás 19:30 en Boiro o tradicional acto de sorteo de calendario.
Nesta ocasión o evento desenvolverase no Pazo de Goiáns, e será a posta de longo da temporada deportiva 2025/26.
Acudirán como representantes da entidade o vicepresidente 1º e director xeral, Chechu Vales, e o vicepresidente 2º e xerente, Óscar Martínez.
Arzua e A Estrada foron as dúas localizacións anteriores para este evento nos cursos deportivos 2023/24 e 2024/25.