Dous adestramentos e tres amigables nunha nova semana de pretemporada do #SILVA2526

Queixas, Miño e Paiosaco, vindeiros rivales

O #SILVA2526 segue a consumir sesións de traballo baixo o mando de Noe López na sexta semana de pretemporada.

O conxunto silvista exercitarase dúas veces en total nestes sete días: o martes de 20.00-21.30 en Grela 1 e o venres de 20.00-21.30, Grela 1.

Asemade, afrontará tres novos partidos amigables: hoxe luns ás 20.30 en Encrobas ante o Queixas, o mércores ás 20.30 no Municipal ante o AD Miño e o domingo en horario por confirmar na Porta Santa ante UD Paiosaco.