O adestrador do #SILVA2526, Noe López, foi o representante do Silva SD na xuntanza organizada pola Real Federación Galega de Fútbol na sede federativa en Santiago de Compostela cos clubes e adestradores de categoría nacional que este curso representan a Galicia nas máximas categorías nacionais non profesionais.
O técnico compartiu salón co resto de adestradores, onde diferentes autoridades do CTGAF explicaron as modificación normativas e criterios a aplicar de cada a esta temporada.
Asemade, a RFGF explicou as novedades en canto a normativa aplicable, como a ampliación de convocatorias.
Ao termo do encontro celebrouse un espazo de networking entre os presentes.