O #SILVA2526 asinou táboas (1-1) esta fin de semana en A Grela 1 fronte ao CD Estradense.
Os visitantes adiantáronse no minuto 18 cun gol de Dani Pedrosa, pero o conxunto local igualou no minuto 81 grazas a Joao Paulo.
A pesar dos intentos finais, o marcador non se moveu e ambos equipos repartíronse os puntos na cuarta xornada da Terceira RFEF.