Rodri Alonso: «Supón unha inxección de moral para seguir traballando máis e mellor. Se non hai esforzo, non hai resultado»

O atacante analizou a victoria ante o CD Barco

Rodri Alonso, autor do gol do #SILVA2526 ante o CD Barco que deu a primeira vitoria do equipo de Noe Lopez, afirmou ao termo do encontro que este marcador «supón unha inxección de moral para seguir traballando máis e mellor. Se non hai esforzo, non hai resultado».

O atacante dixo que «o ambiente é bo, xa o era antes da vitoria de onte, e ségueo sendo agora. É parte da identidade do club manter un vestiario san e unido».

Con todo, particularmente insiste en que «estou moi motivado e seguro de que os meus compañeiros tamén. Durante a semana veremos como se atopa o grupo».

Con respecto ao gol, declara que «é o máis importante do fútbol, para ese fin traballamos. Cústanos facelos e temos que medrar neste aspecto».

Aínda así, para el, o máis importante é que «serviu para conseguir a vitoria».