Álex Pérez, novo xogador do #SILVA2526

A dirección deportiva e Alejandro Pérez Videla (A Coruña, 08/10/1992) acadaron un acordo para a incorporación do futbolista, formando así parte do #SILVA2526.

O xogador, que ocupa a posición de dianteiro, chega tras unha longa carreira en diferentes equipos de 3ª RFEF e, tras formarse, nas categorías inferiores do RC Deportivo, onde chegou a ser o seu máximo goleador histórico.

Tras moitos anos no agora denominado Dépor Training Center, xogou no Bergantiños CF 2015/16 e 2016/17 con 4.303 minutos repartidos en 66 partidos, dos cales foi titular en 49 e anotou 16 goles.

No curso 2017/18 mudou ao Racing Club Villalbés, onde estivo ata a temporada 2019/20. Sumou 3.368 minutos con 70 partidos, deles 34 de inicio e 20 goles.

En plena pandemia, na temporada 2020/21, enfundouse a camisola do Atlético Arteixo, con 371 minutos e un gol. Xusto despois marchou ata a UD Paiosaco no ano 2021/22, con 876 minutos e 7 goles.

Os dous seguintes cursos xoga no Atlético Coruña Montañeros, con 1.066 minutos e 4 goles, xusto antes de enfundarse no proxecto do Torre SD, do que procede. No equipo arlequinado xogou 5.258 minutos repartidos en 64 partidos, 60 de inicio, con 42 goles ás súas costas.