O Pazo de Goians, no Concello de Boiro, acolleu onte o sorteo do calendario de 3ª RFEF nun acto organizado pola Real Federación Galega de Fútbol e ao que acudiron o vicepresidente 1º e director xeral, Chechu Vales, e o vicepresidente 2º e xerente, Óscar Martínez.
Tras a benvida oficial e unha proxección de vídeos de lembranza do curso finalizado, procedeuse ao sorteo do calendario de partidos da división.
O #SILVA2526 iniciará a competición a fin de semana do 7 de setembro coma visitante ante o Arosa SC. O primeiro partido como local será ante o Atlético Coruña Montañeros a fin de semana do 14 de setembro. Rematará a liga coma visitante ante o Atlético Arteixo a fin de semana do 10 de maio. Entre medias, 34 xornadas para seguir competindo.






Noe: «A idea é ser competitivos dende o 7 de setembro»
O adestrador do #SILVA2526, Noe López, manifestou ao coñecer o calendario que «o inicio a piori ten a súa dificultade pero son dos que cree que todos temos que xogar contra todos. Teremos que xogar contra todos e todos os partido serán complexos, mais aló do que marque o calendario na orde. A idea é dende o 7 de setembro na Lomba ser competitivos e sair a polos 3 puntos en cada un dos partido que disputemos»
Novedades normativas
O secretario xeral da RFGF, Diego Batalla, explicou as novidades de regulamento. O número de convocados aumenta a 20, e os planteis pódense constituir con 25 xogadores, deles un máximo de 16 tendo condición de Sub-23. Poderán quencer á vez un total de cinco xogadores e o preparador físico.
No eido das datas, as hipotéticas clasificacións da selección galega na copa das rexións UEFA pode condicionar a data da xornada 23, prevista para o 27 e 28 de febreiro. No caso de acceder a esa eliminatoria o combinado adestrado por Manolo García, esta xornada pasará a disputarse o 2 de abril, xoves santo.