Noe López sube a intensidade da pretemporada e organizou para a terceira semana de preparación un total de cinco adestramentos, catro deles en Grela 1 e un en Visma 2, e o segundo partido amigable, que será o I memorial Rogelio Rios.
Así, o equipo adestra o luns ás 20:30 en Grela 1, nunha sesión que inclúe trabajo en sala de vídeo, martes, mércores e venres ás 20:00 en Grela 1, e xoves ás 20:30 en Visma 2.
O sábado 9 de agosto, ás 12:00 en Visma 1, desenvolverase o I memorial Rogelio Rios, partido amigable ante O Racing Villalbés. Deste xeito, o equipo segue a enfrentarse aos mellores conxuntos da división do pasado curso, tras o amigable ante o CD Estradense, subcampeón do campeonato. O Racing Club Villalbés finalizou a pasada liga no cuarto lugar da clasificación e, ambos, xogaron o play-off de ascenso a 2ª RFEF.