A Real Federación Española de Fútbol validou a solicitude de inscrición do Silva S.D. para o seu primeiro equipo sénior masculino, o #SILVA2526.
Deste xeito, presentada en tempo e forma a través do aplicativo correspondente a totalidade da documentación requirida para tal fin, formalizouse a súa participación na Terceira RFEF por duodécima tempada consecutiva.
En concreto, o club reúne os seguintes requisitos básicos de participación en categoría nacional:
- Presentar a solicitude de inscrición segundo o modelo normalizado dentro do prazo habilitado cada tempada para iso.
- Estar, no momento da inscrición, ao día no pagamento de todas as obrigas económicas coa RFEF e/ou coas federacións de ámbito autonómico derivadas da tempada anterior e de todos e cada un dos seus equipos participantes en competicións oficiais.
- Non estar suxeito a unha sanción disciplinaria que impida ao equipo disputar a competición na nova tempada na categoría na que se pretende inscribir.
- Comunicar á RFEF o terreo de xogo principal, así como os alternativos, onde se disputarán os partidos oficiais do equipo inscrito, e os campos de adestramento. As instalacións designadas deberán estar a disposición dos equipos en todas aquelas xornadas que marque o calendario de competición, salvo causas de forza maior acreditadas.
- Ter comunicado á RFEF o compromiso de dispoñer do número mínimo de licenzas de futbolistas, segundo a norma de competición, ao longo da tempada.
- Ter inscritos todos os equipos do club, segundo a súa respectiva categoría, nas competicións oficiais da RFEF e/ou de ámbito autonómico, da UEFA e da FIFA.
- Comprometerse a aboar, segundo os prazos establecidos, a cota correspondente á licenza federativa de club/equipo, e a de todos os membros do clube, segundo a categoría na que participan.
- Estar ao día, no momento da inscrición, na achega de todos os datos de carácter económico-financeiro, que de acodo coa normativa vixente, o clube estivera obrigado a aportar durante toda a temporada anterior.
E, máis en concreto, cumpre cos requisitos específicos de inscrición na Terceira RFEF:
- Dispoñer dun terreo de xogo de herba natural ou artificial de última xeración cunha antigüidade máxima de 8 anos para a disputa de todos os partidos oficiais ou, superando dita antigüidade, achegar a certificación de que o terreo de xogo dispón da acreditación vixente mínima de Quality FIFA ou da norma UE-EN 15330-1 para campos de herba artificial emitida por unha entidade habilitada para tal fin.
- Dispoñer ou comprometerse a dispoñer dunha iluminación suficiente para a disputa dun partido oficial en horario nocturno e cunha luminosidade mínima de 500 luxes, para o caso de que o partido deba ser emitido por televisión en dito horario.
- Presentar un orzamento para o equipo de Terceira Federación. O formato de orzamento adaptarase ao modelo establecido na plataforma de apoio económico e presentarase de forma telemática na dita plataforma.
- Cumprir cos requisitos de supervisión e control económico previstos no Regulamento de Competicións.