Mini Bugy: «Ganar esta semana é clave»

Mini Bugy, xogador do #SILVA2526, afirmou na previa do choque ante o Juventud Cambados que «levamos toda a semana con todas as miras xa postas no Juventud Cambados e traballando o que queremos o sábado segundo o rival que temos diante».

Para o porteiro, «a xente está tocada despois da derrota en Boiro, pero con ganas de que chegue o sábado para sacar os 3 puntos na casa, que son necesarios».

O xogador agarda «un partido pechado, un partido de loita no que o mínimo erro vai decantar o resultado cara a un lado ou outro, e con dous equipos na procura de 3 puntos que axuden anímicamente, sobre todo nestes momentos, a coller confianza».

Para el, a clave é cometer «os mínimos erros posibles, xa que defensivamente estamos sendo moi febles e concedendo demasiadas ocasións por partido que están sendo determinantes, e tratar de que nas ocasións que xeremos sexamos máis efectivos de cara a gol, que nos está custando moito».

Con todo, coida que «sumar de 3 esta semana é moi importante para conseguir a segunda vitoria na casa e facernos fortes no noso campo, xa que non se nos poden escapar máis puntos nel e empezar a medrar desde aí».

Por último, explica que «o equipo tocado, pero con ganas de sábado para resarcirnos destas semanas pasadas, con ilusión por volver gañar na casa e demostrar que temos máis equipo e máis calidade da que parece pola puntuación e os resultados».