Noe López programou unha intensa pretemporada con 26 adestramentos, dos cales cinco mais o primeiro amigable terán lugar nos vindeiros dez días de actividade.
Así, o #SILVA2526 iniciará os seus adestramentos mañá xoves 24 de xullo, ás 20.00 en Visma 2, coa presentación e primeiro adestramento ao cargo do novo corpo técnico.
O plantel descansará ata o luns 28, momento no que Noe programou catro sesións, todas elas en Visma 2 ás 20:00 para o luns 28, martes 29, mércores 30 e xoves 31.
O venres 1 de agosto, en horario por confirmar, afrontará o primeiro amigable no Municipal Estrada ante o CD Estradense.