Noe Lopez asumirá o seu segundo proxecto como adestrador de 3ª RFEF ao fronte do #SILVA2526 cun equipo de traballo renovado e construido en base ás súas necesidades.
Adestrador auxiliar
Así, ao seu carón coma técnico auxiliar exercerá Borja Sánchez Campos. Adestrador UEFA A e con formación en scouting, Vorja, alcume habitual no eido futbolístico, desenvolveu unha boa tarefa tanto en fútbol formativo en Orillamar SD, entre outros conxuntos, coma no fútbol senior en CD Ciudad ou CD Larín.
«Teño unha gran pasión polo fútbol e gústame a nivel de competición a Premier League. Encántame a intensidade e a colectividade tanto dende a ofensiva como dende a defensiva. Imos sumar para que Noé poida traballar do mellor xeito posible e axudar a facer un bo ano que merece un clube referente na cidade», declarou.
Preparador físico
Pola súa banda, exercerá coma preparador físico Angelo Ivo Vazquez Dopazo, que renova o seu compromiso coa #FamiliaSilvista á que chegou hai un curso. Adestrador UEFA A e graduado en Ciencias de la Actividad Física e do Deporte, conta ademáis cun master en prevención de lesións físico-deportivas.
«É o segundo ano no equipo e o obxectivo é coma mínio igualar o do ano pasado, salvarnos sen moitos apuros e a partir de aí, tratar de intentar soñar por obxectivos maiores. Ilusión e gañas non van faltar», manifestou.
Adestrador de porteiros
Este novo corpo técnico recupera a Alejandro Vázquez Roibás para o seu staff técnico. Adestrado UEFA B e adestrador de porteiros titulado UEFA C, será o máximo responsable do traballo específico cos encargados de deixar a portería con cero goles encaixados. Formouse na European Businees School do Valencia CF e evante CF, ademáis de ser especialista en porteiros, psicoloxía deportiva e preparaciónf ísica.
«Agradecido e ilusionado de volver á casa. Preséntase un ano ilusionante onde exprimiremos cada segundo de adestramento para lograr o obxetivo. Forza Silva!», dixo.
Team Manager
O Silva SD incorporou coma gran novidade na súa organización deportiva a figura dun team manager, un papel ate agora máis reservado á estructura do fútbol profesional e que trata de optimizar e mellorar o traballo de staff técnico, plantel e traballadores do clube. Para este cargo foi nomeado Jose Souto Bestilleiro, quen exercerá o mesmo.
Delegado de campo
Jose Manuel Cotelo Rama, cun amplo bagaxe no mundo arbitral, exercerá neste curso as funcións de delegado de campo para facilitar o desenvolvemento dos partidos do #Silva2526.
Auxiliares
No ámbito de traballo auxiliar, o clube renovou a súa estructura. Soledad Lema asume a área de loxística, e Marcos Longueira exercerá coma utileiro do #SIlva2526.