Silva SD e Coruña ARBOCO CF remitiron nos últimos días a documentación á Real Federación Galega de Fútbol para renovar o vínculo de filialidade existente entre ambos ata o 30 de xuño de 2026, prolongando así por quinto curso consecutivo a súa unión.
Coruña ARBOCO CF é o club filial do Silva SD, o que permite reducir a distancia competitiva entre a #CanteiraSivista e o #Silva2526, así como ampliar e dotar de maior coherencia a súa estrutura deportiva.
O acto de sinatura estivo protagonizado polos presidentes de ambos clubes, Luis Varela e Iago Nolla.