Tan só os once metros frean ao #SILVA2526 ante un Arenteiro dúas divisións superior (0-0)

O resultado da quenda de penaltis foiu de 4-5

O #SILVA2526 caeu este mércores na quenda de penaltis ante o CD Arenteiro, equipo de Primeira RFEF, na eliminatoria de cuartos de final da fase autonómica da copa RFEF.

O conxunto de Noe López estivo moi serio e sólido sobre o céspede sintético de Grela 1, contando con ocasións para adiantarse no marcador.

Tras non rachar ningún dos equipos a igualada inicial, a eliminatoria resolveuse dende os once metros, onde os de O Carballiño impuxéronse por 4-5.