A dirección deportiva e Ivan Uriel Arena Duna (Arxentina, 09/03/2005) acadaron un acordo para a incorporación do futbolista, formando así parte do #SILVA2526.
O xogador, que ocupa a posición de defensa, recalou o pasado curso no #SILVA2425 tras unha carreira no seu país de orixe, Arxentina.
No Silva SD, foi un xogador cuns números importantes: 1.823 minutos repartidos en 22 partidos, 20 deles de inicio, e anotando dous goles.