O Silva SD e Diego Armando García Fernández acadaron un acordo para a incorporación do novo técnico, procedente do Sigüeiro FC, filial da SD Compostela, co que actualmente competía en Preferente Futgal.
O novo técnico dirixirá hoxe mércores o seu primeiro adestramento, tras unha cesión de dereitos pola que o Silva SD quere agradecer ao Sigüeiro FC todas as facilidades dadas neste trámite.
O adestrador ten unha ampla carreira en etapa formativa, destacando as súas etapas no CD Calasanz, Victoria CF e o no Ural Español CF, co que conqueriu un ascenso a División de Honra Xuvenil.
Posteriormente, fíxose cargo da UD Paiosaco, clube ao que ascende dende Preferente Futgal a 3ª RFEF e co que consegue en primeiro lugar unha permanencia e, en segundo lugar, un descenso cunha puntuación superior á habitual tras acadar 41 puntos. Permeneceu un curso máis na entidade de A Laracha, en Preferente.
Continuidade do resto do corpo técnico
Xunto con Diego Armando, continuará o resto do corpo técnico, formado por Ivo como Preparador Físico, Alex Roibás como adestrador de porteiros, Jose Souto coma Team Manager, Jose Manuel Cotelo coma Delegado e, incorporouse o pasado venres, Álex coma Fisioterapeuta.

