Brais Lema, capitán do #SILVA2526, afirmou na previa do choque ante o Celtiga FC que «seguimos traballando ao máximo, é unha mala xeira que temos que superar canto antes, pero confío plenamente no persoal que temos».
Para o ‘2’, a clave é «comezar desde atrás, sen encaixar, o traballo defensivo do equipo é moi importante».
O lateral ve «un equipo xunto, unido e con gañas de sacar puntos».
«Para min, a máis importante. «Considérome unha das pezas clave no vestiario, acabo de ser pai… os días e as noites son longos, aínda así, no vestiario intento estar ao máximo polo beneficio do club. A unión fai a forza», dixo.
Fai un chamamento á «tranquilidade, sabemos onde estamos, ten que cambiar a dinámica, chegarán os resultados e os bos momentos na Grela. Agradecer o apoio que nos dan todas as semanas, tanto na casa como fóra».
Con todo, ten «levantar isto. o Silva nunca se rende e este vestiario nunca o vai facer. Estou no club no que quero estar e no que levo 10 anos defendendo estas cores, os sentimentos son grandes cara ao escudo. Renderse non é unha opción».

